Na Biblioteca do centro, cada grupo vai escoller tres libros ilustrados (ollo, non serven cómics). Os traballos feitos por outros ilustradores van servirnos como inspiración no noso traballo.
O grupo fará unha pequena ficha e unha crítica de cada un dos libros, e realizará un debuxo inspirado nunha das ilustracións.
Cada un dos membros do grupo terá un alcume e levará a cabo unha misión. O Rato será o encargado de buscar os libros e de devolvelos ao seu sitio cando remate a clase. Tamén ten que localizar os datos fundamentais: título, nomes do autor e do ilustrador, ano de publicación, e que técnica credes que se utilizou para facer as ilustracións. O Lince, que ten que tomar nota dos datos dos libros e anotar as críticas, comentarios e valoración do grupo sobre cada libro. E a Águia, que vai facer o debuxo inspirado nunha das ilustracións seleccionadas. Cada grupo dará unha puntuación aos libros analizados: 3 puntos ao que máis vos guste, 2 ao segundo e 1 ao último. Tedes que razoar as puntuacións.
Coas notas tomadas e o debuxo, redactarase un informe que haberá que subir a Edmodo.