Os ilustradores teñen á súa disposición unha ampla gama de materiais e técnicas para elaborar as súas creacións. Ides investigar algunhas das técnicas para coñecelas un pouco.
Cada grupo escollerá unha das seguintes técnicas: lapis de cores, témperas, acrílicos, tinta, acuarela. A ser posible, dende o punto de vista dos ilustradores. O grupo preparará unha presentación en Google Slides ou en Libre Office, que terá que expoñer ao resto da aula. Cada alumno avaliará as presentacións dos outros grupos, mediante unha rúbrica que podedes ver nesta ligazón.
As presentacións terán que explicar en que consiste a técnica. Cada diapositiva conterá entre unha e tres frases, e unha imaxe, diferente en cada diapositiva. Terán que ter unha diapositiva inicial, que indique o nome da técnica elixida e o dos membros do grupo.
(Imaxe de fondo no encabezamento: Celeste Lindell, Art supplies).